Fin de agosto e das vacacións e operación retorno cos carburantes caros | Vitoria do Deportivo en Riazor e derrota do Celta | Concerto no cárcere
31/08/2026 00:25:01Remata agosto e volve a rutina para os que estiveron de vacacións. Os psicólogos recomendan adaptarse pouco a pouco trala desconexión. Unha volta á actividade cos desprazamentos en coche especialmente caros, polos prezos dos combustibles | Fin de vacacións tamén para a política. O presidente da Xunta, que a fin de semana participou no inicio do curso político do PP de Galicia, visitou hoxe unha vendima en Valdeorras | Primeira vitoria da temporada en Riazor. O Deportivo ganoulle por 3 a 1 ao Valencia. Menos sorte en Balaídos, onde o Celta caeu por dous cero ante o Athlétic de Bilbao | Entramos no cárcere de Teixeiro para asistir a un concerto do grupo Lemot. Aquí a música forma parte do tratamento. A través dela buscan desenvolver a motivación, as habilidades sociais e a reinserción dos internos. 31-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado