Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 29/10/13 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 29/10/13

29/10/2013 00:27:55
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 29/10/13 Telexornal-Galicia - 29/10/13
Telexornal-Galicia - 29/10/13 00:27:55 29/10/2013
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Xubilados que foron antes emigrantes concentráronse hoxe diante das oficinas de Facenda para reclamar que se anulen as sancións que pesan sobre eles por non declarar as pensións que cobran do estranxeiro. Alegan descoñecemento da lei do 2006 que obriga a presentar estes ingresos na declaración da renda // Un dos seis falecidos no accidente mineiro en Pola de Gordón é galego, do municipio lugués das Nogais de onde marchou aos dez anos, coa súa familia. É Carlos Pérez Fernández e traballaba de vixilante no Pozo onde ocorriu o accidente // Segue baixo disposicion da fiscalia de menores o rapaz de 17 anos detido por difundir imaxes eroticas dunha menor que esta gravara de si mesma e lle mandara // Todo está listo en Vigo para o gran partido de futbol que se agarda para esta noite e que enfronta a un celta envalentonado, logo de derrotar ao Málaga, co lider, o Barcelona. Os blaugranas xa chegaron á cidade onde foron recibidos por moreas de siareiros. 29/10/13

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano