Santiago, zona de mercado residencial tensionado | Protesta das traballadoras do SAF no Porriño | Visitamos o festival de xardíns de Allariz
29/07/2026 00:25:02O Goberno declara Santiago zona de mercado residencial tensionado. A medida, que entra en vigor mañá e estará vixente tres anos, permite limitar a suba das rendas das vivendas e protexer a persoas vulnerables contra os desafiuzamentos | As traballadoras do servizo de axuda no fogar piden máis seguridade e mellores condicións laborais. Hoxe manifestáronse no Porriño coincidindo co aniversario do asasinato dunha traballadora do servizo | A avespa velutina volve a poñer a Galicia en alerta. Poderíamos estar ante o peor ano dende que chegou esta especie invasora en 2013. No primeiro semestre de 2026 aumentaron un 85 % os avisos para a retirada de niños | Visitamos o festival internacional de xardíns de Allariz. Un paisaxista da Coruña cunha obra inspirada nunha bolboreta, un xardín decorado con espellos... O tema deste ano é a liberdade. 29-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado