Coruña zona residencial “tensionada” | Tensión entre as Universidades | Acollida de menores inmigrantes | Festas da Ascensión
29/05/2025 00:24:46Reunión de urxencia da Xunta cos reitores das tres universidades galegas despois de que a da Coruña anunciase a súa intención de ter unha facultade de medicina. Ricardo Cao alega que non se están a cumprir os acordos de formación nos hospitais fóra de Santiago e apunta ao recente acordo da universidade privada de Galicia para formar sanitarios | Galicia debería ampliar en 625 as prazas de acollida de menores inmigrantes que chegan sós. Así o establece a proposta do Goberno do Estado, que fixa para todas as comunidades unha capacidade de 32 prazas por cada 100.000 habitantes | Mellorar a eficacia na xestión dos Bancos de Alimentos é un dos obxectivos do congreso que se celebra hoxe en Ourense, onde están reunidos os responsables dos 54 bancos de Alimentos de España | A Coruña convértese na primeira localidade galega declarada zona residencial “tensionada”. Deste xeito poderá empregar as ferramentas legais para tentar baixar os prezos dos alugueiros | Nova mobilización de pensionistas en dez cidades e vilas galegas, para reclamar a blindaxe das pensións na constitución | Centos de mariñeiros que faenan en augas internacionais solicitarán que se lles devolvan retencións dos últimos 5 anos tras unha sentenza do Supremo sobre tripulantes da Armada | Un recluso do cárcere da Lama, en Pontevedra agrede a un funcionario cunha arma punzante coñecida tras un altercado con varios internos | Os apicultores galegos inician os trámites para protexer a abella negra ibérica fronte á introdución de especies foráneas nun programa a nivel nacional | Santiago celebra o día grande das festas da Ascensión. Cinco días cunha programación especial nas que este ano acompaña un tempo practicamente de verán | Protagonismo feminino na gala dos premios Martín Códax da música entregados no Pazo da Cultura de Pontevedra | Último espectáculo de ‘Conexións Vigo’: Música e danza clásicas no monte do Castro co fondo da Ría
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado