Folga de profesorado pola reducción de alumnos por aula| Cerca de 9.000 empregos menos no primeiro trimestre | Cúmprese un ano do cero eléctrico |
28/04/2026 00:23:05Profesores de ensino primario e secundaria, na rúa, en Santiago. É o acto central da nova xornada de folga convocada pola CIG e STEG para reclamar a reducción de rateos de alumnos por aula e máis recursos para os centros. A Xunta atribúe a mobilización a unha estratexia política | Galicia perdeu cerca de 9.000 empregos no primeiro trimestre do ano, cunha taxa de paro que se achega ao 9 por cento. Así o indican os datos da EPA publicados hoxe. Os expertos confían nunha recuperación do mercado laboral de cara o vran | Cúmprese un ano do apagamento que deixou a toda a Península Ibérica sen luz e sen cobertura durante horas. Lembramos cómo foi a xornada na que se esgotaron as existencias de produtos como os xeradores eléctricos | A illa das Esculturas, de Pontevedra, incorpora dúas novas obras en pedra das artistas Idoia Cuesta e Soledad Penalta. Pezas que se suman ás 12 xa existentes, realizadas por referentes internacionais da arte
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado