1.600 euros por escolar, segundo a OCU | Caída do número de alumnos nas aulas | O que trae o surf a Valdoviño | Volta ao mundo só, desde a Illa
26/08/2026 00:25:01En dúas semanas comeza o curso escolar e toca afrouxar o peto. Segundo a OCU, as familias gastarán desta volta en Galicia unha media de 1.600 euros por cada escolar | As aulas reflicten o descenso da poboación en xeral. Desde hai una década, o número de escolares descendeu nuns 22.500 en Galicia. Unha caída que non compensa a chegada de estranxeiros | Unha parroquia de apenas 600 veciños recibe de súpeto 100.000 visitantes. É o que ocorre estes días en Pantín, en Valdoviño, coincidindo co campionato mundial de surf | Matthew Wright, un médico australiano apaixonado das rías galegas, comeza este domingo na Illa de Arousa unha viaxe de oito meses para dar a volta ao mundo. Unha longa travesía que fará el só no seu veleiro, sen axuda exterior. 26-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado