gal tx
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 25-08-2026

Novidades para o curso escolar 26/27 | Rescatan os tripulantes dun pesqueiro que ardeu e acabou indo a pique preto de Bares | Dépor e Celta Fortuna

25/08/2026 00:24:00
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 25-08-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 25-08-2026
Telexornal Galicia 25-08-2026 00:24:00 25/08/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

A dúas semanas do inicio do curso escolar, o 9 de setembro, a Xunta presenta a contratación de case 900 profesores como a principal novidade | As anpas e os sindicatos do ensino coinciden en que o reforzo do profesorado previsto pola Consellería non e suficiente. Non chegaría a un mestre máis por centro, co que non ven posible que se poida reducir o horario lectivo | Rescatan os tripulantes dun pesqueiro que ardeu e acabou indo a pique esta noite ao nordés de Estaca de Bares. Os mariñeiros foron recollidos dunha balsa salvavidas por outro barco de pesca e o helicóptero de Gardacostas levounos a Celeiro | O Deportivo suma en Málaga o segundo empate na súa volta a Primeira. O equipo tivo que traballar e aguantar para manterse invicto. Na Segunda, o filial do Celta sorprende remontando un cero a dous ante o Andorra, ata subir catro goles ao marcador. 25-08-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado