Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 24/05/13 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 24/05/13

24/05/2013 00:24:54
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 24/05/13 Telexornal-Galicia - 24/05/13
Telexornal-Galicia - 24/05/13 00:24:54 24/05/2013
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

A Refinería de Repsol da Coruña é a terceira industria de Galicia na que alumnos de Formación Profesional estudarán ao mesmo tempo que traballan. Será dentro dun proxecto de Formación Dual que asinou o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez e o director da planta coruñesa. Durante dous anos combinarán as clases teóricas cun traballo que por primeira vez será remunerado.

Alimentos Lácteos entra en concurso de acredores . A firma, con planta envasadora na localidade lucense de Outeiro de Rei ten unha débeda de 15 millóns de euros.

O seu xerente, Miguel Martín, anunciouno logo de manter cos Conselleiros de Economía e Medio Rural unha reunión á que tamén asistiron representantes das cooperativas que lle vendían o leite, antes de que suspendera a actividade debido ás dificultades económicas.

O Deportivo viaxa a Malaga con todos os xogadores pensando que, se gañan, e perde o Zaragoza, poden asegurar a permanencia. Fernando Vazquez di que TEÑEN FAME DE VITORIA.

O Celta, último da clasificacion, xoga en Valladolid as súas escasas posibilidades para seguir en Primeira. Iago Aspas evitou hoxe referirse aos rumores que o sitúan fóra do equipo a final de temporada. Dixo que falará diso dentro de dez días. (24/05/13)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano