Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 22/11/13 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 22/11/13

22/11/2013 00:28:04
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 22/11/13 Telexornal-Galicia - 22/11/13
Telexornal-Galicia - 22/11/13 00:28:04 22/11/2013
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Ante a posibilidade dunha reconversión naval de Ferrol, a Consellería de Industria reclámalle responsabilidades a Navantia para que consiga contratos. A oposición pídelle á Xunta que aumente a presión sobre a empresa. Os traballadores temen perder 2.300 empregos.

Os xulgados galegos poderán tomarlle declaración a persoas que están no cárcere a través de videoconferencia. Tamén se poderán facer así outros trámites, para aforrar tempo e gañar en seguridade.

Colocan novos peluches onde apareceu o cadáver de Asunta ao cumprirse hoxe dous meses de atopalo alí. O avogado da nai asegura que esta vai colaborar coa Xustiza.

42 mulleres morreron en Galicia na última década a mans dos seus maridos ou compañeiros.Alertan sobre o incremento da violencia contra as mulleres entre as parellas de adolescentes, favorecido pola alta influencia neles das redes sociais e as novas tecnoloxías

Manuel Ríos naceu sen brazos e ten afectada a columna vertebral, pese ao cal esta tarde convertirase en piloto de rallies. Xa sabe o que é ser copiloto pero hoxe será el o condutor no campionato de España. Antes tivera que convencer a Tráfico de que podía sacar o carné de conducir.

Dende 2004 as adopcións internacionais baixaron bruscamente en Galicia, pola crise e as reformas legais en China ou Rusia. Expertos debaten hoxe e mañá sobre adopcións en Pontevedra e a subrogación ou ventre de aluguer, prohibida en España. (22/11/13)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano