Produtores de Huelva reparten amorodos en Santiago | Investigación pola morte dun mozo en Pontevedra | A obra de Menchu Lamas, en Vilagarcía
29/04/2026 00:10:03Agricultores de Huelva reparten máis de dúas mil terrinas de amorodos en Santiago, para poñer en valor un produto de calidade, din, sometido as maiores exixencias mediombientais | Os prezos subiron en abril un 3,2% segundo o indicador adiantado do IPC publicado hoxe. A variación anual da inflación está dúas décimas por debaixo da rexistrada en marzo. A inflación suxacente, que exclúe alimentos e os productos enerxéticos baixa ata o 2,8% | E un día máis continúa a folga de profesionais da medicina contra o Estatuto Marco proposto polo Ministerio de Sanidade. Malia que a norma é estatal, os sindicatos recordan que son as comunidades autónomas as que deben aplicala | En Pontevedra, a Policía Nacional investiga a morte dun mozo de 18 anos, que a pasada noite foi rescatado do río do Gafos | A artista viguesa Menchu Lamas expón en Vilagarcía parte da obra que a converteu nunha das figuras máis relevantes da pintura contemporánea española
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado