Novidades para o curso escolar 26/27 | Rescatan os tripulantes dun pesqueiro que ardeu e acabou indo a pique preto de Bares | Volve o Pantín Classic
25/08/2026 00:10:01A dúas semanas do inicio do curso escolar, o 9 de setembro, a Xunta presenta a contratación de case 900 profesores como a principal novidade | As anpas e os sindicatos do ensino coinciden en que o reforzo do profesorado previsto pola Consellería non e suficiente. Non chegaría a un mestre máis por centro, co que non ven posible que se poida reducir o horario lectivo | Rescatan os tripulantes dun pesqueiro que ardeu e acabou indo a pique esta noite ao nordés de Estaca de Bares. Os mariñeiros foron recollidos dunha balsa salvavidas por outro barco de pesca e o helicóptero de Gardacostas levounos a Celeiro | Cuarta xornada do Pantín Classic, o campionato de surf de Valdoviño. Logo de 39 anos, nesta edición aumenta de categoría e recibe deportistas de todos os continentes. 25-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado