As horas lectivas baixan de 20 a 18 semanais no ensino secundario | Rueda promociona o turismo en China | Nova edición de Ponte nas Ondas
24/04/2026 00:10:03As horas lectivas do profesorado de secundaria pasarán de 20 a 18 á semana no próximo curso. Así o acordaron a consellería de Educación e catro organizacións sindicais | O presidente da Xunta, en Pekín, na segunda xornada da súa viaxe, co obxectivo de atraer a un turista de calidade que valore a cultura e a gastronomía | A cidade de Santiago será declarada zona de mercado residencial tensionado, o que lle permitirá poñer topes ao prezo dos alugueiros durante os próximos tres anos | Cun aumento de algo máis do un por cento durante o ano 2025, Galicia ocupa o quinto posto entre as comunidades con máis accidentes no traballo que resultan en baixa laboral | Nova xornada radiovisual da asociación cultural Ponte nas Ondas para tecer pontes entre Galicia e Portugal. Alumnos de 86 colexios e de 50 concellos distintos participaron na programación. 24-04-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado