Xornada de folga estudantil europea contra a guerra en Gaza | Pasarela Debut, en Pontevedra | David Sims repasa a sua obra na Fundación MOP
20/11/2026 00:07:50Estudantes de Ensino secundario e das universidades galegas súmanse á Xornada de folga de xeral europea para reivindicar o fin da guerra en Gaza e o apoio ao pobo palestino | Nova protesta dos bombeiros forestais para solicitar melloras laborais. Esta mañá un grupo do distrito de Vigo-Baixo Miño concentrouse fronte á delegación da Xunta, en cueiros | O Multiúsos do Sar, en Santiago, acolle un acto de exhibición da Copa do Mundo de Fútbol. Un recoñecemento a quenes fixeron posible lograr o trofeo para España, e que reuníu a milleiros de afeccionados nunha gran festa | A Pasarela Debut en Pontevedra celebra a sua edición número 20. Un evento que lles serve para presentar ao público as coleccións creadas polos alumnos da facultade de Deseño e Moda | O fotógrafo británico David Sims desembarca na Coruña cunha exposición que ofrece un percorrido polos seus 35 anos de carreira na fotografía de moda e a cultura xuvenil. Poderá verse dende mañá na Fundación Marta Ortega. 20-11-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado