A Coruña renuncia a ser sede do Mundial de fútbol | Nova folga de médicos en demanda dun estatuto propio | Empeza a temporada de pesca fluvial
16/03/2026 00:25:03O estadio de Riazor non será sede do Mundial de Fútbol 2030, que organizan conxuntamente España, Portugal e Marrocos. O concello da Coruña comunica oficialmente a renuncia á sua candidatura, ao considerar inviables as condicións establecidas pola FIFA | Arranca unha Nova semana de folga de médicos para reclamar ao Ministerio de Sanidade un Estatuto propio para a sua profesión. A convocatoria súmase á folga indefinida que manteñen os facultativos galegos de Atención Primaria | Con ríos cargados e boas temperaturas, empeza a temporada de pesca fluvial, na que máis de 48.000 persoas contan con licencia. Por primeira vez, o salmón, queda vedado | Oliver Laxe, orgulloso de representar a Galicia nos Oscar, que deixaron, finalmente, de lado a Sirat, tanto na categoría de mellor película internacional como a de mellor Son. Estivo apoiado na cerimonia de entrega pola vicepresidenta do goberno e o conselleiro de Cultura
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado