Previsión de ceo despexado no 80% da zona da eclipse | Defensa, preocupada pola planta de SAIC en Ferrol | Retirados máis de 12.000 niños de velutina
10/08/2026 00:25:01Meteogalicia ofrece a previsión do estado do ceo para o momento da eclips con zonas en bermello, na costa norte, nas que ameaza nubosidade. Confírmase, en cambio, que estará despexado en máis do 80 por cento dos concellos onde a eclipse será total | A Xunta insta ao goberno central a facer compatible a seguridade nacional coa instalación no porto de Ferrol da primeira fábrica europea da compañía chinesa SAIC. Así o indicou o presidente da Xunta tras facerse pública a preocupación do Ministerio de Defensa pola proximidade da planta a instalacións militares estratéxicas | Máis de 10.000 peregrinos chegan a Santiago, durante a fin de semana, que se confirma como a de maior afluencia do que vai de ano. En soidade ou en compañía, os recén chegados califican o Camiño como unha experiencia única que transforma as súas vidas | Os avisos para retirar niños de velutina aumentan un 80 por cento no que vai de ano, con máis de 12.000 intervencións realizadas. Os apicultores din que e o peor ano dende a chegada da especie invasora en 2013. 10-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado