Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 06/08/13 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 06/08/13

06/08/2013 00:24:39
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 06/08/13 Telexornal-Galicia - 06/08/13
Telexornal-Galicia - 06/08/13 00:24:39 06/08/2013
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

A folga na recollida de lixo na Coruña cumpre oito días.Nalgunhas rúas da cidade xa se comeza a acumular lixo a carón dos colectores.

O pleno do concello de Vigo declara, por unanimidade, persoa non grata ao comisario europeo da Competencia, o socialista Joaquín Almunia, e pide a súa dimisión urxente. O pleno asegura que obrigación de devolver parte das bonificacións fiscais no sector naval pon en perigo o futuro dos estaleiros.

O Instituto Galego de Consumo atende ata o xoves os últimos 1.500 casos de arbitraxe pola venda de preferentes e subordinadas que foron aceptados por Novagalicia Banco. Según a entidade, son 37.600 os clientes que recuperaron o cen por cen dos seus aforros por esta vía, que deu xa por pechada.

O Ministerio de Fomento reforza a seguridade ferroviaria no tramo do accidente de Santiago instalando carteis que limitan a velocidade e balizas que frearían os trens no caso de que os maquinistas non as respectasen. Comnstituída en Madrid a comisión de expertos que vai estudar que outras medidas se poden aplicar para evitar que se repita un sinistro semellante.

A gastronomía galega vaise promocionar como reclamo turistico de Galicia. Os cociñeiros integrados no chamado grupo Nove van percorrer varias das numerosas feiras gastronomicas cunha preparacion especial de pratos tradicionais.

Entrevista ao actor ferrolán Javier Gutiérrez, que triunfa na serie de Televisión Española, Águila Roja, co pepel de Satur. (06/08/13)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano