Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 04/10/13

04/10/2013 00:28:04
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 04/10/13 Telexornal-Galicia - 04/10/13
"Telexornal-Galicia - 04/10/13" 00:28:04 04/10/2013
Sinopsis

Mañá moi movida hoxe, de novo, nos xulgados de Santiago ata onde foron trasladados os pais de Asunta Basterra, a nena que aparecera morta en Teo.

Os dous se negaron a participar na reconstrucción dos feitos que precederon á morte da nena e foron enviados, de regreso ao cárcere de Teixeiro. O abogado da nai negouse á práctica de novas probas ata o erguemento do sumario.

O próximo verán está previsto que entre en servizo a variante de Noia, unha obra que evitará o paso por esta vila da costa coruñesa de dous millóns de vehículos ao ano e que inclúe unha ponte sobre a ría de case dous quilómetros. Os traballos xa están executados no 80 por cento.

Os raios caídos no medio dunha forte treboada causaron grandes danos nun cemiterio ourensán en Melón. Polo menos, medio cento de tumbas quedaron estragadas . Os veciños afectados agardan que o Bispado ou algunha administración lles axude a pagar a reparación. (04/10/13)

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano