Peche total da hostalaría e reunións limitadas só a conviventes. O nivel máximo de restriccións será aplicado en TODA Galicia. Son as decisións do Comité Clínico para frear o avance da Pandemia, anunciadas polo presidente da Xunta. // A presión nos hospitais galegos sitúase xa por riba do peor momento da Pandemia. Son 1.154 os pacientes ingresados, dos que 161 están nas UCI. Os expertos advirten de que a situación vai empeorar. // Os casos activos seguen en aumento, logo de engadirse 1.400 novos contaxios na última xornada, na que se notificaron 14 falecementos.. O total de infectados acada un máximo cercano aos 20.000. // A Xuíza declara nulas as escoitas telefónicas nas que se baseaba a acusación aos axentes implicados no Caso Zamburiña. A fiscal busca novas probas para evitar que queden absoltos no xuízo por presunta corrupción policial. 25-01-2021
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano