Telexornal - Galicia: Telexornal Galicia 27-10-2021 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 27-10-2021

27/10/2021 00:20:06
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 27-10-2021 Telexornal Galicia 27-10-2021
Telexornal Galicia 27-10-2021 00:20:06 27/10/2021
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Condenado a 32 anos de cárcere por abusar sexualmente de seis alumnos adolescentes nun campamento e nunha peregrinación a Santiago. É a sentenza da Audiencia de Pontevedra para o sacerdote, profesor dun colexio de Vigo. A congregación salesiana pide perdón ás vitimas. //. Os integrantes do grupo galego Baiuca quedan retidos en Sudán, tralo golpe de estado militar nese aís. Atópanse na residencia da embaixada española a espera de poder regresar. // A Federación de Municipios e Provincias, representada polo seu presidente Abel Caballero, reclama ao goberno que regule con urxencia o Imposto de Plusvalías, que acaba ser anulado polo Tribunal Constitucional. Os concellos galegos deixarán de cobrar uns 50 millóns anuais. // Lupus, fibromialxia, espondilite... e ata máis de 200 variedades. Son as enfermidades reumáticas. Os expertos aproveitan o mes internacional dedicado a elas para desmintir mitos sobre unhas doenzas que afectan en Galicia a un de cada mil nenos. (27/10/2021)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano