Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 18/05/22 18/05/2022 09:59

Xornada de celebración entre os traballadores do mar, logo de que o Goberno aprobase a nova Lei de Pesca Sostible que lle permitirá as mariscadoras e percebeiros xubilarse ata seis anos antes da idade establecida. Unha demanda do sector que os equipara finalmente ao resto de empregados do sector.

Modificacións que tamén chegan ao sector lácteo. O Consello de Ministros aprobou a modificación do decreto que permitirá aos produtores de leite renegociar contratos para non vender a perdas.

E a comunidade artística e política galega volcouse hoxe coa morte do escritor Vigués Domingo Villar, tras sufrir o pasado lúns un infarto cerebral.

Galicia Informativos
Más opciones