Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:45 - 26/05/23 26/05/2023 14:56

Últimas horas de campaña electoral. Os cidadáns decidiremos o domingo a composición das corporacións dos 313 concellos galegos e indirectmente a formación das catro deputacións provinciais.

O Partido Popular, na primeira reválida electoral de Alfonso Rueda, busca recuperar poder nas cidades, agora gobernadas pola esquerda, aínda que presentou esta campaña máis como unha primeira volta dunhas elecccións xerais.

Tamén ten o seu primeiro exame o líder socialista... Pero Valentín González Formoso, que aspira á reelección como alcalde nas Pontes, delegou parte do peso da campaña en José Ramón Gómez Besteiro, no que semella como un ensaio para as vindeiras eleccións autonómicas.

Ata as oito, informativo especial no que acudimos a algúns dos últimos actos políticos.

Galicia Informativos
Más opciones