Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 16/09/21 16/09/2021 45:18

Sen noticias a esta hora do presunto agresor que esta madrugada acabou coa vida da súa parella no barrio coruñés de Birloque... Mónica Marcos, de 52 anos, foi atopada polo seu fillo despois de ser asasinada con arma branca... O presunto agresor ten antecedentes por violencia de xénero...

A vicepresidenta Nadia Calviño confía en que Galicia capte moitos fondos Next Generation. Asegurou en Vigo que hai empresas moi potentes e innovadoras no noso territorio. Tamén apostou pola autonomía estratéxica de Europa na fabricación de microchips.

Os cidadáns xa poden pedir unha cita presencial co seu médico de familia. A federación de asociacións pra defensa da sanidade advirte do grave deterioro deste servizo. Cren que só queda mobilizarse pra recupera-lo recortado neste servizo esencial.

CCOO ve unha alternativa xurídica pra que Ence siga en Lourizán. Pasaría pola súa adscrición ó porto de Marín, porque así non lles afectaría a Lei de Costas.

A Denominación de Orixe Rías Baixas espera unha das mellores colleita da historia. Xa se recolleron 7 millóns de quilos de uva, dos 43 que se prevén. O único problema pras adegas é a man de obra temporal que este ano tamén escasea.

Galicia Informativos
Más opciones