Galicia Informativos Magazine Galicia 13:40 - 20/04/2620/04/2026

Magazine Galicia 13:40 - 20/04/26

Empezamos a semana pendentes da regularización extraordinaria de migrantes, comeza o prazo para solicitala de forma presencial, un trámite que se pode realizar nas oficinas de Correos. En Galicia agardan moita afluencia e dubidan de que poida haber esperas longas.

Na Coruña xornada clave no xuízo polo boleto premiado da Primitiva. Está prevista a declaración dos dous acusados.

Ademais pendentes hoxe de Renfe. Consulten a web da compañía se teñen que coller un tren porque hai varias frecuencias canceladas pola falta de maquinistas, especialmente nas liñas do Eixo Atlántico nestas primeiras horas do día.

Nos deportes, partido esta noite en Riazor entre o Deportivo e o Mirandés

Galicia Informativos
Más opciones