Galicia Informativos Magazine Galicia 13:40 - 19/03/2619/03/2026

Magazine Galicia 13:40 - 19/03/26

Os efectos da guerra en Oriente Próximo non deixan de aumentar. Agora é Stellantis a que anuncia que unha das súas liñas de montaxe estará inoperativa tres días, aínda que os traballadores non descartan que a medida agoche unha parada técnica.

Os sectores máis dependentes do petróleo, pesca, transporte ou agricultura e gandaría están pendentes da medidas de apoio que poida aprobar mañá o consello de Ministros. A Xunta xa dixo que non ten previsto ningunha acción o que mereceu a crítica da oposición.

Na sanidade... todo igual as folgas continúan, pero hoxe como non hai programadas probas, consultas ou cirurxías non se nota. O que si se mantén é o peche de médicos no centro Olimpia Valencia de Vigo.

A partir das dúas e dez tódo-los detalles nun xoves festivo, último día de inverno que non o parece. A estación, a máis chuviosa do que levamos de século despídese sol e temperaturas por riba dos 20 graos.... mesmo dos 25 nalgúns puntos do sur da comunidade

Galicia Informativos
Más opciones