Galicia Informativos Magazine Galicia 13:40 - 12/02/2612/02/2026

Magazine Galicia 13:40 - 12/02/26

Comezamos moi pendentes do centro de Santiago con ese incendio urbano na comisaría da Policía Nacional, continúa o desaloxo total do inmoble e, aínda que o lume está controlado, as tarefas de extinción seguen e hai moito fume na zona.

A partir das dúas e dez volveremos a este punto para coñecer a última hora. Tamén os detalles dun proxecto de reciclaxe téxtil estratéxico en Galicia. Unha planta que dará unha segunda vida ós tecidos, detrás está a Xunta, Cáritas ou Inditex.

Todo nun día no que o temporal dá unha tregua en terra, non no litoral, toda a costa galega está baixo aviso laranxa. Organizacións ecoloxistas advirten da debidlidade do solo tras tanta auga. Nos vindeiros minutos imos precisamente falar do chan, da nosa biodiversidade e das consecuencias da pegada humana

Galicia Informativos
Más opciones