Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 09/06/23 09/06/2023 15:00

Queda unha semana e un día pra que se constitúan as novas corporacións locais. Pero das cidades da provincia, só Ferrol ten clara a conformación do executivo municipal. A maioría absoluta do popular José Manuel Rey Varela non deixa lugar a dúbidas. Pero nin na Coruña nin en Santiago se definiu aínda o número de cores dos gobernos. As reunións das últimas horas só serviron pra ratificar que estas cidades efectivamente terán cores progresistas, gobernos de esquerdas, pero de momento non se confirma nin o tripartito en Compostela nin o bipartito na cidade herculina. Haberá novos encontros a semana que vén.

- O comité de Navantia reclama que a campaña electoral non ralentice os avances en investimentos e na negociación do convenio colectivo. Do contrario, convocarán novas mobilizacións.

- Dirección e sindicatos da empresa de telemárketing Abai poderán negociar o ERE ata o día 21. Os traballadores cren que a medida só obedece a un intento da compañía de aumentar a marxe de beneficios.

- O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a España por violar a liberdade de expresión do sindicalista Pablo Fragoso, que incitou á queima da bandeira durante unha protesta en Ferrol. Deberá devolverlle a multa que pagou e indemnizalo con seis mil euros

Galicia Informativos
Más opciones