Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 30/03/2021 30/03/2021 14:59

A mañá déixanos un aumento da nubosidade, pero de momento as temperaturas resisten. E tamén Galicia resiste por agora o avance da pandemia. Malia que na última xornada houbo lixeiras repuntas nos contaxios e na presión hospitalaria, a incidencia aínda se mantén á baixa.

Esta mañá volve reunirse o comité clínico. A partir da unha e media comparecerá o conselleiro de Sandiade. Pero desta volta non se agardan cambios nas restriccións. Se acaso algunha variación no mapa por concellos.

Será nun día no que tamén estaremos atentos ó Consello de Ministros. Aprobará o relevo na Delegación do Goberno en Galicia. José Miñones sustitúe a Javier Losada.

Galicia Informativos
Más opciones