Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 23/03/21 23/03/2021 15:01

As últimas novidades da pandemia teñen hoxe que ver coa vacinación. O SERGAS comezará xa a chamar de novo para retomar a inmunización con AstraZéneca. Iso será a partir de mañá. Primeiro, co persoal sanitario e dos grupos policiais e de emerxencia que aínda non recibiran a vacina. Logo, coa poboación xeral menor de 65 anos, a medida de que se vaian recibindo viais.

Hoxe hai nova reunión do comité clínico.

Polo demais, aumenta a preocupación entre os traballadores de Alcoa. Vaise esgotando o prazo pra buscar unha saída á venda da factoría de San Cibrao e urxen unha reunión coa Xunta e o Goberno Central.

E no tempo, seguimos de momento, co anticiclón.

Galicia Informativos
Más opciones