Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 22/03/21 22/03/2021 14:55

A primavera entrou con forza en Galicia e acompañou unha ponte festiva que ensaiou os novos pasos da desescalada. Hostalaría aberta ata as nove da noite e mobilidade interior por case toda a comunidade. Os controis foron máis dos habituais. 2.600 axentes vixiaron que todo se fixese dentro da norma. Os incumprimentos, que os houbo, foron, con todo, as excepcións.

Polo demais, os indicadores da pandemia continúan con evolución positiva. O peor, unha nova morte nunha residencia. Foi en Silleda.

E hoxe, en Pontevedra, comeza o xuízo polo caso Titán, en relación ós 1.700 quilos de cocacína achados neste remolcador interceptado en alta mar. Hai 21 acusados.

Galicia Informativos
Más opciones