Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 18/03/21 18/03/2021 14:58

A véspera da ponte de San Xosé tráenos algunha nube máis e descenso das temperaturas. Onde parece que comeza a despexar é no sector da hostalaría. A Xunta decididu ampliar o horario de apertura ata as nove da noite. Será a partir de mañá. Na maioría dos casos haberá tamén ampliación de aforos. Con todo, o piloto vermello continúa sobre os concellos de Vilardevós, Maside e Paradela.
Importante: o toque de queda segue as 10 da noite, hai peche perimetral de Galicia e están prohibidas as reunións de non conviventes nos fogares.
Ata principios da semana que vén non se revisarán estas medidas.
Ademais, sabemos xa que a vacinación dos maiores de 70 anos está prevista para maio.

Galicia Informativos
Más opciones