Informativo Galicia 7:45 - 24/10/25
A armadora do Villa de Pitanxo, sinalada no informe da CIAIM, non concorda coas conclusións; as familias dos mariñeiros falecidos, satisfeitas.
A Xunta e Aena abren o camiño pra tentar buscr unha solución a perda de conexións aéreas nos aeroportos galegos. Ryanair pon fin hoxe as súas conexións desde Santiago con Madrid
E, o BNG, que pedirá no Parlamento os datos dos cribados do cancro, denuncia que non se están a realizar as probas, como anunciara o executivo, as mulleres de entre 45 e 50 anos.
Deportes. Segundo triunfo do Celta en competición europea. Derrotou 2-1 ó Niza que xogou 50 minutos cun futbolista menos
O tempo. Seguimos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Hoxe o ceo estará máis aberto ó norte