Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 23/04/2623/04/2026

Informativo Galicia 7:45 - 23/04/26

Case trinta anos despois o Partido Popular recuperará a alcaldía de Lugo tras un polémica moción de censura apoiada pola ex edil socialista María Reigosa: ela defende que dá este paso polo compromiso de acadar a mellor xestión para o concello de Lugo.

Todo nunha xornada na que xa non hai actividade no aeroporto de Santiago. Ás doce menos cinco da pasada noite operou o último voo. Por diante un mes de obras coa operativa desviada a Alvedro, na Coruña. Alí está en marcha unha folga de controladores aéreos, que afecta tamén a Peinador.

E teñan en conta que as súas citas nos centros de saúde poden verse alteradas. Non houbo acordo entre a CIG e a Consellaría de Sanidade, hoxe día de folga na atención primaria.

Este mércores atopouse o corpo sen vida do mozo desaparecido o 30 de marzo tras envorcar o seu kaiak no Miño, nos Peares. Estaba a 360 metros da presa, río arriba, na marxe contraria ó lugar onde fora localizada a embarcación. E o profesor galego condenado por violar a unha menor foi extraditado de Cuba a España.

Nos deportes, derrota do Celta ante o Barça no Camp Nou por 1 gol a 0

Galicia Informativos
Más opciones