Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 06/05/24 06/05/2024 14:35

Informativo Galicia 7:45 - 06/05/24

Día raro en Peinador. Desde hoxe non opera ningún vóo. O aeroporto vai estar pechado ata finais de mes pra realizar labores de mantemento na pista. As compañías trasladaron as súas operacións a Santiago.

Sanidade, os sindicatos da mesa sectorial non entenden que o novo conselleiro os relegara nos encontros organizados tras tomar posesión. Desconfían das solucións creativas ás que se referiu Antonio Gómez Caamaño.

non entenden por que o conselleiro non os tivo en conta nas súas primeiras xestións nin declaracións públicas.

E temos que lles dar conta do rescate dun home sen vida nu nrío en Sarria. Caeu por un noiro de 15 metros.

Deportes. O Celta abre oco cos postos de descenso e, en segunda, o Racing descólgase dos de promoción

O tempo.

Xornada de transición na que as altas presións irán achegando estabilidade de xeito progresivo. Despois de moitos días agardamos unha xornada sen chuvias, pero a cambio hoxe temperaturas máis baixas, sobre todo as mínimas

Galicia Informativos
Más opciones