Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 05/02/2605/02/2026

Informativo Galicia 7:45 - 05/02/26

Atención ós que se moven en tren. Debido o temporal de chuvia e Vento, Renfe ven de anunciar a suspensión de servizos con orixe e destino en Vigo.

Patricia Liste.

Ademais a compañía non ofrece transporte alternativo. Renfe ven de comunicar a suspensión dos primeiros trens: Guixar-Santiago, Urzaiz-Santiago, Guixar-Tui e Guixar-Ourense.

Antes xa anunciara a suspensión, neste SÍ, con plan de transporte alternativo, dos trens que fan o seu percorrido polo Miño. As comunicacións ós usuarios fóronlles chegando ó longo da mañá, como a Diego, que non se cré que a razón sexa o mal tempo.

Renfe asegura que o motivo da suspensión dos servizos é o risco e asolagamento e desprendementos.

E é que seguimos influenciados pola borrasca Leonardo que enviará unha fronte fría activa nas primeiras horas.

A Xunta ten activa dende esta madrugada a alerta laranxa por chuvias no interior de Pontevedra e por temporal costeiro en todo o litoral galego. Están suspendidas as actividades nos exteriores dos centros escolares dos concellos afectados.

Un día máis, como vén ocorrendo esta semana, está cortada a autovía entre Pontevedra e Marín pola presenza de bolsas de auga

Galicia Informativos
Más opciones