Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 08/05/23 08/05/2023 10:01

estamos pendentes de que preste declaración xudicial a condutora de 82 anos implicada no accidente de San Miguel de Deiro, en Vilanova de Arousa, onde resultaron feridas 18 persoas. Entre as 4 hospitalizadas en estado grave, hai un mozo de 14 anos que dende esta tarde atópase estable dentro da gravidade tras ser intervido no Hospital Clínico de Santiago por unha hemorraxia abdominal.

Todo isto nunha xornada na que o BNG de Ourense pediu á xustiza que tome medidas polos audios do alcalde Pérez Jácome, nos que pide a empregados do Concello que asuman a autoría da multa de tráfico en Vigo e polos audios nos que recoñece posibles irregularidades no financiamento da campaña electoral do seu partido Democracia Ourensana

Galicia Informativos
Más opciones