Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 02/05/22 02/05/2022 09:55

Comezou o proceso para a investidura do futuro presidente da Xunta. Esta mañá O Presidente do Parlamento, Miguel Santalices reuniuse cos representantes dos grupos parlamentarios para propoñer un candidato.

Será Alfonso Rueda, quen conta coa maioría absoluta do PP na cámara galega. O pleno para a súa investidura celebrarase a vindeira semana. O sábado 14 tomará posesión. A Oposición xa anunciou que votará en contra.


E tras a fin de semana os hospitalizados con covid subiron en todalas áreas sanitarias agás Ferrol. Galicia acumula así o maior número destes doentes no que levamos de ano. Son 745. Con todo a Consellería de Sanidade fai un chamento a tranquilidade e pide precaución.

Galicia Informativos
Más opciones