Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 08/10/2508/10/2025
O presidente do Goberno comprometeuse hoxe no Congreso a seguir cumprindo os puntos do pacto de investidura co BNG. Foi nunha sesión de control na que Néstor Rego advertiu de que a falta de orzamentos xerais non pode servir de pretexto pra faltar ó asinado.
Falamos tamén do sector eólico. A Xunta agarda avances xudiciais que permitan desboquea-los parques pendentes, mentres as empresas dan novos pasos na repotenciación.
E estamos nas axencias de viaxes, que hoxe rexistraron colas no primeiro día pra solicita-las excursións do Imserso.