Galicia Informativos Informativo Galicia 19:50 - 04/11/2404/11/2024

Informativo Galicia 19:50 - 04/11/24

Máis de cen efectivos da Brilat, do Exército de Terra, súmanse ás tarefas de axuda en Valencia. É parte do equipo posto a disposición por Galicia. Todo xunto ás achegas da veciñanza de toda a comunidade: os concellos afectados piden que se priorice a axuda económica fronte ó envío de comida ou outros produtos.

É o máis destacado dunha tarde que nos deixa a condena a 10 anos de cárcere para o único investigado pola morte de Nerea Añel, en Barbadás en 2020. A audiencia provincial de Ourense rectifica a súa primeira sentenza e considera que o home, entón parella de Nerea, é culpable de homicidio por omisión de socorro.

Nuns minutos escoitaremos tamén as novidades sobre o acceso á reprodución asistida na sanidade pública galega. Amplíase ós 45 anos.

Nos deportes, o Celta pecha a xornada de liga en Primeira fronte ó Xetafe en Balaídos

Galicia Informativos
Más opciones