Informativo A Coruña 8:45 - 30/03/26
Espertamos hoxe coa mirada posta no tráfico da Coruña. Xa está cortada a avenida da Pasaxe. Esta medianoite arrancaron os traballos de derruba do viaduto que conecta a cidade co hospital, o coñecido "Scalextric".
Motivo polo que durante tres días, ata o xoves, estará cortado o principal acceso ó CHUAC..
De seguido damos conta das rutas alternativas para ir ó Hospital este días, e imos ata o punto máis crítico da cidade para ver como transcorren os traballo.
-En Santiago, os vceiños do Ensanche compostelán valoran a contratación de seguridade privada para loitar contra os narcopisos e os roubos que hai na zona centro da capital galega.
-En Miño, investigado un veciño por un presunto delito de incendio tras realizar unha queima non autorizada. As lapas estendéronse por unha superficie arborada, e queimaron uns 2 mil metros cadrados.
-Luns Santo, comeza a Semana Santa que se vive de xeito especial en Ferrol,onde as confrarías ultima xa os detalles das procesións máis destacadas que terán lugar de mércores e venres santo.
**Estaremos tamén en Ferrol para coñecer como se viven de primeira man estes preparativos, en conversa co presidente das confrarías