Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 27/04/2627/04/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 27/04/26

Xornada de Mobilizacións no comercio téxtil da provincia....

A CIG convoca folga e concentracións este luns contra o convenio estatal que promoven as grandes multinacionais do sector. Din que suporá un recorte de dereitos fronte ós convenios provinciais.

As concentracións serán ás dez e media na praza Roxa de Santiago, e ás doce no centro comercial ODeón

-Quinta noite de peche no Hospital de Ribeira da Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Manterán a súa protesta ata ser recibidos pola xerencia da área sanitaria e a dirección do Hospital. Demandan ó Sergas que publique unhas listas de agarda reais

-No tempo da entrevista conversaremos coa profesora da Universidade da Coruña, Laura Castro, que acaba de converterse na primeira galega catedrática en construcións navais

-Dos Deportes....O Deportivo sae dos postos de ascenso directo a primeira división, ocupa a terceira posición, despois do polémico empate A UN no campo do Burgos, cun gol do conxunto rival cun penalti inexistente

Galicia Informativos
Más opciones