Informativo A Coruña 8:45 - 18/03/26
Reunión clave en Santiago para impulsar un fondo para a captación denovas rutas nas tres terminais galegas. Os concellos da Coruña e Compostela saúdan o cambio de enfoque na coordinación aeroportuaria da Xunta.
Algo que levaban tempo reclamando. Lavacolla, por exemplo, rexistrou o último mes unha caída do 30% no seu tráfico con respecto ao ano pasado
- Atentos os condutores da Coruña...Alfonso Molina será a alternativa principal para acceder ó CHUAC durante os tres días de corte a AC-12 para demoler o viaduto coñecido como "escaléxtric".
-Pequena vitoria para o Foro Cidadán do Ferrocarril, que será recibido pola Secretaría de Estado de Transportes. A xuntanza aínda non ten data pero a administración traballa xa na modificación de horarios e aumento de frecuencias de tren entre A Coruña e Ferrol.
-O PP solicita na Coruña un pleno extraordinario para que o goberno local do PSOE ofreza explicacións sobre a renuncia a ser sede do Mundial. A alcaldesa, Inés Rey, publica unha carta á cidadanía argumentando que concello quería participar no evento, pero non a calquera prezo