Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 14/05/24 14/05/2024 14:56

Informativo A Coruña 8:45 - 14/05/24

Polémica entre o Deportivo e o concello da Coruña tra-lo ascenso a Segunda. O Xlub acusa ao goberno de Inés Rey de poñer en perigo o seu futuro no fútbol profesional. Hai discrepancias na reforma do convenio de colaboración. 

-Mariscadores e bateeiros de varias vilas concentráronse onte en Ribeira para esixirlle á Xunta un plan de rexeneración dos bancos.

-Pacientes oncolóxicos en fase de revisión e control da área de Santiago pídenlle ao novo conselleiro de sanidade que retire o actual sistema de xestión pra ser citados

-Un traballador morreu a pasada tarde en Ribeira ó quedar atrapado baixo un eucalipto.

Sucedeu na parte alta da Curota, na parroquia de Oleiros. O accidente tivo lugar nunha zona de difícil acceso, polo que o corpo tivo que ser evacuado en helicóptero

Galicia Informativos
Más opciones