Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 10/05/24 10/05/2024 15:04

Informativo A Coruña 8:45 - 10/05/24

Os mariscadores da ría do Burgo CORTAN A ESTA hora o tráfico na ponte da Pasaxe. Piden á Xunta e ao Goberno central que negocien a continuidade das axudas trala fin do dragado. 

-Alfonso Rueda e Inés Rey reúnense hoxe en San Caetano pra abordar única e exclusivamente o devir da fachada marítima.

-Outra cita importante desta mañá, en Madrid. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, pedirá aos ministerios de Vivenda e Economía que insten á Sareb, a modificar o seu proxecto pra a parcela do Peleteiro. 

- O alcalde de Sada, Benito Portela, mostra a súa tranquilidade ante o chamamento a declarar no xulgado polo pago de horas extras á Policía Local. Sostén que se gastou menos do presupostado se o cadro de persoal estivese completo

Galicia Informativos
Más opciones