Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 08/10/2508/10/2025

Informativo A Coruña 8:45 - 08/10/25

O comité de empresa de Ryanair en Santiago anuncia a primeira das mobilizacións, para denunciar os efectos prexudiciais que terá a saída da aeroliña da cidade...Será este xoves no aeroporto compostelán.

Ademáis anuncian folga pros días 18 e 19.

-A Confraría de Barallobe, en Fene, demandará ao concello de Neda por contaminar as augas da Ría de Ferrol. A decisión tómase logo da reclasificación do banco das Pías como zona C pola presenza de E.coli

-Na Coruña, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ve con bos ollos a implantación do quinto colector de lixo na cidade, aínda que considera que chega tarde.

-A avogada e activista coruñesa Sandra Garrido, cooperante da Summud Flotilla, retida ata este luns en Israel, chegará previsiblemente este mércores a Santiago

Galicia Informativos
Más opciones