Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 01/04/2601/04/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 01/04/26

En Ares, unha muller que vive cos seus dous fillos menores sen luz dende hai 25 días. A vivenda está situada nun edificio edificio que pertence a Sareb. A empresa arrendadora foi quen lle cortou o suministro, a pesar de cumprir co pago de alugueiro.

Mentres en Santiago...Unha sentenza dá a razón a unha familia de Santiago, estafada polo seu avogado durante anos por un proceso de legalización dunha propiedade familiar

-A asociación UGA Taxi pide a intervención da Valedora do Pobo para que se free o aumento dos VTC que prestan servizos urbanos na Coruña. Segundo os seus cálculos, operan de maneira irregular na cidade herculina máis de 100 vehículos con condutor.

- Ferrol intensifica a súa actividade con tres destacadas procesións: A dos cautivos, ás seis e media; a do Cristo dos Navegantes, ás sete; e o Cristo do Perdón, ás nove da noite.

-Nos Deportes, o Deportivo derrotou ó Córdoba por 2 goles a cero no marcador. Unha vitoria que devolve ó equipo ó segundo posto da Segunda División.

Hoxe arranca a segunda fase da Operación Saída de Semana Santa...Precaución nas estradas...

Galicia Informativos
Más opciones