Informativo A Coruña 8:45 - 12/07/24
Despois de anos de desputas, Xunta e Concello de Santiago pechan o acordo para construción do aparcadoiro do Clínico, que se erguerá dentro do recinto hospitalario.
A Xunta financiará o 90% dos 20 millóns nos que que valora a obra, e Raxoi, o 10% restante. O aparcadoiro levantarase na zona do heliporto. Disporá de 700 prazas, parte en altura e parte soterradas.
- Asociacións veciñais da Coruña convocan unha protesta ante María Pita para reclamarlle á alcaldesa que declare a alerta sanitaria ante o conflito na recollida do lixo.
- A oposición en Ferrol acusa o alcalde de incumprir o regulamento municipal ao suspender o teletraballo para todo o persoal.
- Hoxe, segunda xornada do Festival de Ortigueira, que ao longo da fin de semana reúne a milleiros de persoas na vila