Galicia Informativos Crónica de Galicia - 30/07/2430/07/2024

Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne

Galicia non é allea á polémica ante as noticias que apuntan a que o goberno estaría disposto a acordar algo semellante ó concerto económico vasco pra Cataluña. O presidente da Xunta pide que se free esta loucura, e advirte de que iso suporía creba-la igualdade territorial. Cre que é máis urxente ca nunca a convocatoria da Conferencia de presidentes que veñen demandando, pra que se poidan dar, no órgano multilateral que corresponde, cumpridas explicacións. O delegado do goberno rexeita as críticas e salienta que 20 das 26 conferencias deste tipo foron convocadas por Sánchez. E o lider dos socialistas galegos cre que o imporante é que Galicia tamén teña un financiamneto singular

Galicia Informativos
Más opciones