Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 29/05/22 29/05/2022 30:06

O 6 de xuño o presidente da Xunta vaise reunir cos líderes da oposición. Recibiráos por separado e xa os convocou hoxe a través dunha carta.

É o titular máis destacado dun día no que tamén se confirma que César Román, o mozo das Pontes ferido na explosión do hotel da Habana, volve mañá a Galicia.

Este domingo é tamén xornada pro banquete de Conxo e pra tradicional romaría do PPdeG en Poio.

Na entrevista, hoxe falamos coa xornalista Érika Reija, correspondente de Televisión Española que vén de recoller en Ferrol o Premio José Couso á Liberdade de Prensa

Galicia Informativos
Más opciones