Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 28/04/24 28/04/2024 30:10

Crónica de Galicia - 28/04/24

Faleceu a poeta e activista compostelá Luz Fandiño ós 92 anos. Confirmouno a alcaldesa da capital galega, a cidade na que Fandiño naceu e residiu a maior parte da súa vida, de forma continuada desde 1970. 

 

De Luz Fandiño destaca a a súa faceta literaria, títulos coma "O pracer de envellecer" pero tamén a súa defensa dos dereitos sociais e da lingua. O documental do 2020 "A poeta analfabeta" de Sonia Mendez relatou a súa vida.

Á marxe, máis asuntos, día de cambio de ciclo no PSdeG. Renova a súa executiva hoxe en Compostela. Á fronte José Ramón Gómez Besteiro. O exsenador lucense, Luis Ángel Lago, novo secretario de organización.

Mentres, o presidente da Xunta defende as últimas modificacións aprobadas na estrutura autonómica, como a integración do Sergas na Consellaría. Alfonso Rueda en Radio Nacional.

 

Galicia Informativos
Más opciones