Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 27/04/24 27/04/2024 30:10

Crónica de Galicia - 27/04/24

Unión do PSdeG arredor de Pedro Sánchez. Presenza de Gómez Besteiro hoxe en Madrid e concentracións nas sedes galegas do partido para pedir continuidade ó presidente do goberno. 

Todo mentres os populares se centran en esixir ó goberno central rapidez no traspaso dos medios para aplicar a lei galega do litoral.

E o BNG presentou o seu programa e candidatos ás eleccións europeas. Ana Miranda encabezará unha vez máis a listaxe, na que hai sorpresas como a presenza de Kevin González, o fillo dun dos falecidos no Villa de Pitanxo.

A mañá deixa ademais a localización dun home sen vida en Teo. Tiña 68 anos, estaba desaparecido desde este venres.

No tempo, a chuvia e a neve son protagonistas. Nevaradas na provincia de Lugo, incluída a capital. As temperaturas acadaron niveis baixo cero en Portomarín, Pol ou Chantada. Ata tres graos baixo cero en Manzaneda ou na Veiga. Precaución nestes puntos, tamén en Pedrafita, a Garda Civil instalou no Alto do Poio un punto de axuda ós peregrinos

Galicia Informativos
Más opciones